As nenas e nenos de 1º de primaria estiveron ideando sons para ambientar distintos fenómenos meteorolóxicos como: a tronada, a chuvia, o anticiclón, o arco da vella e o vento. Utilizaron a percusión corporal, instrumentos propiamente ditos e tamén reutilizaron outros materiais como: botes de especias e incluso un corno dunha vaca. Para dar unha maior descrición á interpretación fixeron unhas diademas cos debuxos dos fenómenos meteorolóxicos. Estiveron moi ilusionadas e ilusionados con esta actividade.
Comentarios
Publicar un comentario