Bos días a tod@s. Imos a traballar estos días seguindo as actividades do libro 3. Na páxina 52 tedes unha danza americana, poñede o audio e......a traballar! 1º Cantade a frase final de cada retrouso e estrofa:" Sky to my Lou, my darlin" 2º Intentade facer os acompañamentos coa percusión corporal. Na introdución e enlaces marcade os pulsos cos pés (8 pulsos).No retrouso marcade os pulsos tocando pitos cos dedos 12 veces + 4 cos pés (na frase: Skip to my Lou, my darlin). Nas distintas estrofas marcade os pulsos nas pernas 12 veces + 4 pulsos nos pés( coa mesma frase: Skip to my Lou, my darlin.) Probade, seguro que practicando ides mellorando. 3º Intentade bailar a danza seguindo as viñetas do libro Na páxina 54 podedes escoitar diferentes fragmentos de bandas sonoras de debuxos animados, estade atentos e relacionade os audios coas imaxes. Tamén podedes bailar estas cancións Na páxina 55 imos escoitar e acompañar unha danza francesa, Badinerie