canción mediambiental
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático.
Para dar inicio ao noso proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible o alumnado de 6º de E.P. preparou a obra de teatro titulada: A vida, na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano destacando os cambios que nelas se producen. Ilustráronse os distintos ambientes con imaxes de cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa de la Riva y Callol Muñoz. Tamén se ambientou a escena coa música de As Catro Estacións do compositor Antonio Vivaldi.
Unha vez rematada a dramatización cantaron unha versión dunha canción moderna con temática medioambiental.
Cando finalizaron a intervención fixeron entrega, a cada clase, dun libro relacionado ooa temática a traballar ao longo do curso:
E. Infantil: O vento.
1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios.
2º de E. Primaria: A auga.
3º de E.Primaria: A paisaxe.
4º de E.Primaria: As borrascas.
5º de E. Primaria: A biomasa.
6º de E. Primaria: As fontes de enerxía
Comentarios
Publicar un comentario