Hoxe as profesoras de corda do corservatorio de Lalín visitáronnos para darnos un pequeno corcerto e amosarnos o violín e o violonchelo. tamén tivemos a aportunidade de probar estes instrumentos. Moitas grazas a Mila Inara e á súa alumna María.
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático. Para dar inicio ao noso proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible o alumnado de 6º de E.P. preparou a obra de teatro titulada: A vida, na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano destacando os cambios que nelas se producen. Ilustráronse os distintos ambientes con imaxes de cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa de la Riva y Callol Muñoz. Tamén se ambientou a escena coa música de As Catro Estacións do compositor Antonio Vivaldi. Unha vez rematada a dramatización cantaron unha versión dunha canción moderna con temática medioambiental. Cando finalizaron a intervención fixeron entrega, a cada clase, dun libro relacionado ooa temática a traballar ao longo do curso: E. Infantil: O vento. 1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios. 2º de E. Primaria: A auga. 3º de E.Primaria: A paisaxe. 4º d...
Esta é a proposta que vos traigo ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. "Hagamos historia" é o rap de Fernando Martín que nos anima na loita contra o COVID-19. Precisamos de folgos, apoio e moita forza... e que mellor que este rap para conseguilo! A rimar rapazas e rapaces! HAGAMOS HISTORIA, de Fernando Martín
Comentarios
Publicar un comentario