Actividades de abril

 Bos días a tod@s. Imos  a traballar estos días seguindo as actividades do libro 3.

Na páxina 52 tedes unha danza americana, poñede o audio e......a traballar!

 1º Cantade a frase final  de cada retrouso e estrofa:" Sky to my Lou, my darlin"

2º Intentade facer os acompañamentos coa percusión corporal. Na introdución e enlaces marcade os pulsos cos pés (8 pulsos).No retrouso marcade os pulsos tocando pitos cos dedos 12 veces + 4 cos pés (na frase: Skip to my Lou, my darlin). Nas distintas estrofas marcade os pulsos nas pernas 12 veces + 4 pulsos nos pés( coa mesma frase: Skip to my Lou, my darlin.) Probade, seguro que practicando ides mellorando. 

3º Intentade bailar a danza seguindo as viñetas do libro


Na páxina 54 podedes escoitar diferentes fragmentos de bandas sonoras de debuxos animados, estade atentos e relacionade os audios coas imaxes. Tamén podedes bailar estas cancións


Na páxina 55 imos escoitar e acompañar unha danza francesa, Badinerie, de  Johann Sebastian Bach, un gran compositor e organista  alemán do período Barroco. Fixádevos na estructura da danza: A A B C B C cada letra é unha frase musical, a frase A e C repítense 2 veces. Tratáde de seguir o pulso ou o acento da música marcando a percusión corporal: frase A palmas suaves, frase B pitos cos dedos e frase C palmas no peito. A frauta traveseira é o instrumento solista e toca diferentes melodías nas frases A B e C, estade atent@s, seguro que o conseguides.




Para tocar no carillón da libreta imos seguir repasando a canción da páxina 44 exercicio 4 titulada: "Caracol".Pasovos o audio para que vos sexa máis fácil. 





Comentarios

Publicacións populares deste blog