Non vos despistedes e practicade coa frauta un pouquiño! Ensaiade algunha destas cancións e tocádellelas ás vosas familias. Pero practicade ben... Que mereza a pena pagar a entrada polo concerto! 😉
Hoxe as profesoras de corda do corservatorio de Lalín visitáronnos para darnos un pequeno corcerto e amosarnos o violín e o violonchelo. tamén tivemos a aportunidade de probar estes instrumentos. Moitas grazas a Mila Inara e á súa alumna María.
Na clase de terceiro de primaria andan preparando unha canción por se un día nos sorprende a neve e poden facer un boneco mentras xogan coas folerpas. A clase de 1º de primaria canta a canción Vento de Outono. Os nenos e nenas de 1º de Primaria recitaron este poema do inverno para resumir un pouco a situación climática do mes de xaneiro.
Comentarios
Publicar un comentario