Danza para motivarnos!
Ola de novo a tod@s.
Espero que vos atopedes ben. Envíovos novas propostas musicais para os próximos días ,non tedes por que facelas todas. As actividades musicais requiren una práctica continuada para acadar un resultado aceptable ,non consiste en que saian perfectas, pero temos que intentar que algún exercicio ou algunha parte nos vaia saíndo. Non vos preocupedes demasiado, só intentadeo.
Podedes mandarme algún video ou foto dalgunha das actividade proposta, facerme unha consulta ou propoñer vós mesmos algunha actividade que vos guste ao meu correo: bertasantomefer@gmail.com
Recoméndovos que os mércores pola mañá vexades e participades nas actividades de educación artística que nos propón TVE2 e Clan tv.
Para motivarvos e darvos enerxía imos comezar con esta danza rítmica. Non vos desesperedes, ide practicando por partes. Paciencia!
Comentarios
Publicar un comentario