4º de Primaria
CINE
Disfrutade cos debuxos animados de Little Einsteins mentras escoitades música clásica, facedes acompañamentos rítmicos e fixádevos nos timbres dos instrumentos que interveñen na audición.
Ao rematar de ver os debuxos animados podedes facer un debuxo sobre o que vistes, escoitastes ou o que sentistes mentras vistes a película.
CANTAR E BAILAR
Cantade,bailade e acompañade con percusión corporal ou calquer outro obxeto que vos poida valer.
Agora en lingua de signos para que practiquedes, sinto que a letra estea escrita en castelá, pero non atopei en galego.
RITMOS
Collede 4 folios de cores diferentes, ou 4 pinturas ou 4 anacos de tela; o que teñades á man para practicar este xogo rítmico. Fixade a atención e a memoria. Non é necesario que vos salga todo, pero practicade.
Collede un par de zapatillas que vos gusten e…..a ensaiar!
XOGO DE MANS
Secadra resultavos esta máis fácil:
CREATIVIDADE
Pásovos este enlace informativo para que podidades entrar na plataforma Chrome Music Lab e experimentedes creando melodías e ritmos.
Agora……..a experimentar!
FRAUTA
Seguide practicando as cancións que temos na libreta e tamén as dos videos que vos mandei o outro día, de momento non imos facer máis.
Comentarios
Publicar un comentario