O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático. Para dar inicio ao noso proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible o alumnado de 6º de E.P. preparou a obra de teatro titulada: A vida, na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano destacando os cambios que nelas se producen. Ilustráronse os distintos ambientes con imaxes de cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa de la Riva y Callol Muñoz. Tamén se ambientou a escena coa música de As Catro Estacións do compositor Antonio Vivaldi. Unha vez rematada a dramatización cantaron unha versión dunha canción moderna con temática medioambiental. Cando finalizaron a intervención fixeron entrega, a cada clase, dun libro relacionado ooa temática a traballar ao longo do curso: E. Infantil: O vento. 1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios. 2º de E. Primaria: A auga. 3º de E.Primaria: A paisaxe. 4º d...
Comentarios
Publicar un comentario