Publicacións

FAMILIA DE CORDA FRETADA

 Hoxe as profesoras de corda do corservatorio de Lalín visitáronnos para darnos un pequeno corcerto e amosarnos o violín e o violonchelo. tamén tivemos a aportunidade de probar estes instrumentos. Moitas grazas a Mila Inara e á súa alumna María.
Imaxe
As nenas e nenos de 1º de primaria estiveron ideando sons para ambientar distintos fenómenos meteorolóxicos como: a tronada, a chuvia, o anticiclón, o arco da vella e o vento. Utilizaron a percusión corporal, instrumentos propiamente ditos e tamén reutilizaron outros materiais como: botes de especias e incluso un corno dunha vaca. Para dar unha maior descrición á interpretación fixeron unhas diademas cos debuxos dos fenómenos meteorolóxicos. Estiveron moi ilusionadas e ilusionados con esta actividade.

POEMAS E CANCIÓNS

Imaxe
 Na clase de terceiro de primaria andan preparando unha canción por se un día nos sorprende a neve e poden facer un boneco mentras  xogan coas folerpas.                                                   A clase de 1º de primaria canta a canción Vento de Outono.   Os nenos e nenas de 1º de Primaria recitaron este poema  do inverno para resumir un pouco a situación climática do mes de xaneiro.

canción mediambiental

Imaxe
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares coincidindo ademais co Día Internacional contra o Cambio Climático. Para dar inicio ao noso proxecto de centro: Ciencia para un futuro sostible o alumnado de 6º de E.P. preparou  a obra de teatro titulada: A vida, na que se fai un percorrido polas diferentes estacións do ano destacando os cambios que nelas se producen. Ilustráronse os distintos ambientes con imaxes de cadros de dúas recoñecidas pintoras: Remedios Varo e Mª Luisa de la Riva y Callol Muñoz. Tamén se ambientou a escena coa música de As  Catro Estacións do compositor Antonio Vivaldi. Unha vez rematada a dramatización cantaron unha versión dunha canción moderna  con temática medioambiental. Cando finalizaron a intervención fixeron entrega, a cada clase, dun libro relacionado ooa temática a traballar ao longo do curso: E. Infantil: O vento. 1º de E. Primaria: As plantas e o seus beneficios. 2º de E. Primaria: A auga. 3º de E.Primaria: A paisaxe. 4º d...

REMATANDO O CURSO

Imaxe
Para rematar este curso o alumnado de 6ºde Primaria fixo  a súa despedida coa canción de Nil Moliner "Vuela alto " Tamén   preparou para a súa graduación de fin de etapa unha batucada reutilizando distintos materiais e ademais un baile.

FLORA E FAUNA NA REGUEIFA

Imaxe
Practicamos esta regueifa relacionada co noso proxecto de centro "A defensa das nosas especies: o noso mellor legado" coa melodía de  Pinto de Herbón e Luís " o Caruncho" na Solaina de Piloño.

Conmemoración do Día de Rosalía.

Imaxe
 Alborada de Rosalía para conmemorar o Día de Rosalía ensaiada por todo o alumnado do centro.